ABASTOS (2015, 3 PINTAMONAS) -GALLEGO-

ABASTOS

A CORUÑA
Distribución: España
Fechas:
III-2015
Números:
1 ordinario
Formato:
Dimensiones:
31 x 23 cm
[+]
Paginación:
188 pp.
Registros:
ISBN: 978-84-943812-1-8
Dep. Legal: C 371-2015


Edición en gallego.

Libro de historietas con 188 páginas interiores impresas en color, encuadernado en cartoné, y con cubiertas en color. Tebeo editado simultáneamente en lengua gallega y lengua castellana (también para su edición digital) compuesto por cuatro historietas ambientadas en un popular mercado a través de las distintas estaciones del año.

Prólogo de Miguelanxo Prado:

Non lles vou a mentir: son comedor “militante”, gozo da comida e de case todo o que a rodea... Pero comezo a estarlle un pouco saturado da omnipresencia do “tema”. Novelas, contos, filmes, docu-dramas e concursos televisivos, seccións en diarios e revistas, guías gastronómicas, cociñeiros mediáticos...Cando Tirso Cons me propuxo escribir este prólogo pensei: “tiña que acontecer, o asunto, tarde ou cedo tiña que chegar ao cómic”. Tirso envioume o guión e lino dunha vez. Gustoume. Comecei a pensar que o meu cansazo, posibelmente, tiña algo de inxusto. Por unha banda, se o tema da gastronomía e a xente que cociña ocupa tanto espazo nos medios de expresión e de comunicación, é lóxico que o cómic non sexa unha excepción. Por outra, se o asunto alcanza esa presenza dominante será por algo máis que polas estratexias de mercado das distintas empresas. Será porque realmente é interesante para o público. Comecei a pensar en antecedentes. Non me porei moi exquisito, pero até o Quixote comeza contándonos o rexime de comidas de Alonso Quixano. Os referentes apiláronse sen orde e sen esforzo de memoria algún: “O festín de Babette”, todo un canto ao pracer da boa mesa. Os simplísimos spaghetti que Jack Lemmon escurría cunha raqueta de tenis en ”O apartamento”. Os milleiros de bodegóns da pintura universal. Os pratos dos que goza o comisario Montalbano. As “1080 receitas de cociña” de Simone Ortega, ou o “Picadillo” galego, ou “A cociña cristiá de occidente” ou tantos outros textos de Cunqueiro nos que a cociña é un elemento central. Ou os artigos e contos de Julio Camba. Os ovos fritos e os peixes de Miquel Barceló. Máis películas: “Xulia e Xulia”, “Tomates verdes fritos”, “Chocolat”, “Delicatessen”, “A Grande Bouffe”...”Ratatouille”!! Era suficiente!!
Como non había de interesar o asunto ao público! É parte esencial da vida: nos humanos é, como o sexo, a sublimación dun instinto básico. E máis ca iso, comer é tan accesíbel que forma parte, mesmo, dos nosos recursos psicológicos. Acabamos comendo por ansiedade, por nerviosismo, por aburrimento, por exaltación. Non concibimos conmemorar algo sen comida polo medio. Viaxamos e, non poucas persoas, non entran a un museo ou cánsanse ao segundo día de visitaren monumentos, pero todos, absolutamente todos, comemos, e a grande maioría, antes ou despois, acabamos probando pratos típicos dos lugares que visitamos.
Posibelmente esteamos nun momento de clímax, de exacerbación do interese por mor dun deses fenómenos colectivos que cada certo tempo se producen, como aliñación de planetas, e que fan que un tema específico acapare o interese de case todos. Cantos nomes de arquitectos, de pintores, de músicos “clásicos”, de escultores, de poetas, de científicos, de filósofos vivos cren que serían capaces de citar a maioría dos nosos concidadáns? E cociñeiros? Seguro que uns cantos máis. O máis probábel é que as cousas recuperen co paso do tempo una certa normalidade, a xente perderá o entusiasmo case incondicional por todo isto e os cociñeiros e cociñeiras veranse privados do glamour do que colectivamente gozan nestes momentos e retornarán á súa natural condición de mortais. Pero todos seguiremos comendo, interesándonos pola cociña, recomendándonos restaurantes, pasándonos receitas. E a comida e a cociña seguirán indisolubelmente entrelazadas en moitas das historias que contemos, da arte que cremos.Raul Marinho, promotor da idea, Francisco José Abelleira, autor do guión, e Pedro J. Colombo, Víctor Rivas, Beatriz Igrexas e Sagar Fornies, nas imaxes, preséntannos en “Abastos” unha historia que, sen deixar de facer un retrato costumista deste momento socialmente complicado, evidéncianos esa relación fundamental e cotiá da cociña coa existencia diaria. Case todos os personaxes, nun momento ou outro, cociñan. E non o fan dunha maneira mpostada, senón que forma parte natural das súas vidas. Na historia atopamos ingredientes abundantes que a converten en moito máis ca un libro sobre cociña. As bolsas eliminadas, a dependencia, s novos role, a solidariedade, o esforzo de superación, están habilmente tecidos, sen estridencias, compondo un fragmento de relato colectivo moi próximo e identificábel.
A maternidade e paternidades compartidas da criatura, a nivel visual, podería supor un problema pero, usando estilos diferentes, conviven e flúen sen crear conflitos e o conxunto é harmónico. O traballo de cor dixital, eficaz, dota ao libro de unidade, pois, tendo  cada autor a súa maneira de resolver a cuestión, chegan a resultados acordes, con paletas  suficientemente próximas para daren esa sensación homoxénea, na que comparten unha certa  cotidianidade e un punto de nostalxia.“Abastos” é un menú de catro pratos equilibrado e saboroso, con notas levemente amargas, pero cunha dominante amábel e un retrogusto entrañábel.

A mesa está servida.
Bo proveito!

Miguelanxo Prado

Números ordinarios
 1
Creación de la ficha (2015): Ismael Sobrino. · Datos obtenidos del sitio web de la propia editorial, e imágenes tomadas de comics.imakinarium.net.
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
Ismael Sobrino. (2015): "ABASTOS (2015, 3 PINTAMONAS) -GALLEGO-" en Tebeosfera. Disponible en línea el 29-IV-2024 en: https://www.tebeosfera.com/colecciones/abastos_2015_3_pintamonas_-gallego-.html
Esta ficha documenta la existencia de una publicación, lo cual no implica que la Asociación Cultural Tebeosfera posea ejemplares o los tenga a la venta. Tebeosfera no es una tienda. Tampoco asesoramos sobre el valor de mercado de los productos aquí mencionados.