BDG13 (2017, DEMO)

BDG13
13 grolos da Nova banda deseñada galega

A CORUÑA
Distribución: España
Fechas:
VIII-2017
Números:
1 ordinario
Formato:
Dimensiones:
24 x 17 cm
[+]
Paginación:
112 pp.
Color:
COLOR (portada) BLANCO Y NEGRO (interior)
Registros:
ISBN: 978-84-947396-4-4
Dep. Legal: C 1219-2017


Libro de historietas con 112 páginas impresas en blanco y negro, encuadernación rústica con solapas, y cubiertas en color. Coordinación: Xulia Pisón. Revisión de textos: Henrique Torreiro.

Información de la editorial:

Sorprenden por su enorme calidad. El licor café, bebida fuertemente vinculada a Galicia, es el leiv motiv para un desarrollo de trece historias cortas de estilo muy diverso, que como pequeños tragos, ofrecen una rápida degustación de lo que están haciendo en la actualidad este refresco generacional de creadores. El panorama creativo del cómic gallego sigue creciendo en cantidad y así lo demuestran en esta ocasión.

Prólogo:

13 GROLOS DE NOVA BDG

A piques de cumprir unha década de existencia entre os distintos obxectivos de Demo Editorial está o de darlle pulo ás novas xeracións de autores e o apoio incondicional á BDG (banda deseñada galega). Así fixemos coa publicación de títulos que supuxeron a opera prima de autores como Dani Montero, Miguel Fernández, Miguel Cuba, Víctor Boullón ou Tomás Guerrero.
No actual panorama hai nomes que camiñan en solitario e outros que pertencen a diferentes colectivos autorais; esta antoloxía pretende amosas unha instantánea desta nova colleita que ben poideriamos considerar como a Nova banda deseñada galega, un amplo conxunto de creadores/as que comparten un momento común de actividade emerxente e nalgún caso xa con algún título publicado noutras editoras. Defíneos a súa excelente calidade artística.
Hai varios anos que falei con Xulia, Luis Yang, Uxía Larrosa e Jorge Peral, entre outros, sobre a posibilidade de editar con eles. A idea ficou dentro dunha botella macerando ata que un día, a finais de 2016. pasou pola editorial Cristian Fojón cun título moi claro na cabaeza, Licor café. Este foi o detonante para comprobar como estaba o caldo na barrica e comezar a preparara esta escolma de trece autores.
O licor café é unha bebida que apareceu en Xamaica no século XVII; apadriñada con gorencia en Galicia, alegra moitas veladas a base de groliñas, pequenos momentos de sabor e rápida degustación, que en determinadas doses poden levarnos a experiencias místicas, de igual xeito que as trece historias que neste libro se recollen. Trece traguiños da esencia que contén o alambique desta remuda xeracional que de seguro producirán a embriaguez do sentido daqueles que se atrevan coa súa degustación. Para Demo Editorial resulta un pracer embotellados na nosa BoDeGa e etiquetalos coa fantástica coberta de Jorge Peral e o desexo de que esta Nova banda deseñada galega chegue ben lonxe mantendo sempre a súa identidade, porque eles o valen. Máis isto é só unha selección, polo que non están todos os que son. Se a isto lle sumamos que seica o 13 é un mal número se non medra, a cousa non pode quedar así, polo que este título abre tamén unha nova colección BDG13. Un espazo en que poder desenvolver novas antoloxías de autores galegos desta e doutras xeracións, xa que se algo temos na nosa terriña e moita fertilidade e mellor producto.

Números ordinarios
 1
Creación de la ficha (2017): Andrés Álvarez e Ismael Sobrino. · Datos obtenidos de un ejemplar original, e imágenes obtenidas del sitio web de la editorial.
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
Andrés Álvarez e Ismael Sobrino. (2017): "BDG13 (2017, DEMO)" en Tebeosfera. Disponible en línea el 28-IV-2024 en: https://www.tebeosfera.com/colecciones/bdg13_2017_demo.html
Esta ficha documenta la existencia de una publicación, lo cual no implica que la Asociación Cultural Tebeosfera posea ejemplares o los tenga a la venta. Tebeosfera no es una tienda. Tampoco asesoramos sobre el valor de mercado de los productos aquí mencionados.