DESDE CORUÑA CON HUMOR (2017, CONCELLO DA CORUÑA)

DESDE CORUÑA CON HUMOR

A CORUÑA
Distribución: España
Fechas:
XI-2017
Números:
1 ordinario
Formato:
Dimensiones:
21 x 13.9 cm
[+]
Paginación:
128 pp.
Registros:
Dep. Legal: C 1881-2017


Libro con 124 páginas impresas en blanco y negro, color y bicolor, encuadernación rústica con solapas, y cubiertas en bicolor. Diseño y maquetación: Demo editorial. Revisión de textos: Henrique Torreiro.

Catálogo de la exposición homónima comisariada por Henrique Torreiro y Manel Cráneo. Contuvo chistes gráficos, tiras, historietas e ilustraciones de dieciocho autores, a los que acompañaba una breve biografia junto a una autocaritura y una frase del dibujante sobre la función del humor a modo de presentación a la sección que se le dedicaba en el libro. (Algunas de las muestras de humor gráfico contuvieron textos en español.)

Contó con una tirada de quinientos ejemplares. En contracubierta, logotipos del Concello da Coruña y la Deputación provincial da Coruña.

Dos de los tres textos de presentación:

DESDE RUISA CON AMOR

Que sucede cando as institucións falan con pompa da liberdade de creación? Un inmediatamente pensa no grao de humor que están dispostas a tolerar. E si, sucede, demasiadas veces establecen límites. E tenden a perseguir esa raza de inventivos axentes secretos chamados debuxantes ou humoristas gráficos. Non se nos oculta que hoxe é unha auténtica profesión de risco.
Visto o visto, estes heroicos axentes caracterizados polo enxeño e as formas gozosas confúndenos, pois os espías por natureza ou regra xeral son parte dos propios gobernos e carecen de humor. Pero estes aos que nos referimos son iconoclastas. Teñen humor e consérvano ben achispado. Son retranqueiros e non ceden nos seus dereitos. Andan agochados e lembran moito imaxinario que nos traen á cabeza, de Maxwell Smart e Austin Powers a Mortadelo e Filemón, Modesty Blaise, Matt Helm ou Anacleto. Nos seus apuntamentos indican que Leamas, Smiley, Emma Peel ou James bond son británicos e teñen flegma. E que se convén sangue frío, tamén algo de emoción. E a ironía que detectan, ou é redentora ou pode pasar por fonte de padecementos.
Os axentes do humor gráfico viven unha época esencial. Puntúan as nosas mañás de xeito incisivo. Constrúen viñetas a modo de observación cotiá. Desacralizan todo o obsceno e absurdo da nosa existencia. Denuncian o sopor. Artellan novos e frutíferos mundos na tecnoloxia aberta. Descifran claves e mensaxes mornas. Son libres e fan amable o espertar. Para sorpresa de moitos e desgusto da nosa irreverencia sofren acoso. Están ameazados. Disque mindo adiante abundan os riscos amargos, os amigos do alleo e as seitas coercitivas. Malia isto, o seu humor traspasa sensibilidades. Posúe superpoderes. E nada hai máis contraditorio que o odio cara a el. Espello de frustracións, epítome de saudables fraquezas ou elementos de comprensión, se a liberdade nunca é vulgar, as súas tentativas de anulación parecen destinadas ao fracaso máis absoluto absoluto. Aparece expresado no decálogo fundacional de Coruña Gráfica: as elites necias e violentas caerán na súa pompa vítimas da síndrome chamada Sic transit gloria mundi. Continuará.

José Manuel Sande
Concelleiro de Culturas e educación

O HUMOR GRÁFICO HOXE, DESDE A CORUÑA

O humor gráfico en Galicia ten sufrido uns cantos cambios estes últimos anos, e naturalmente poden verse tamén no que atinxe á área de influencia da cidade da Coruña: a falta dunha cabeceira adicada ao humor gráfico que consiga asentarse, e tendo en conta o lento máis progresivo devalo da prensa diaria en papel, o humor gráfico de autores e autoras alternativos a eses medios tradicionais vai facéndose sitio. Se hai poucos anos mencionar o humor gráfico supuña, en gran medida, falar dos xornais, hoxe a cuestión está bastante máis diluida. Grazas ás redes, dase unha diversificación de fontes, o descubrimento para o humor de máis persoas a crearen obras humorísticas. O que non garante iso, polo menos de momento, é a subordinación dunha cabeceira para audiencias do tamaño da galega.
O panorama que nos ofrece o humor gráfico hoxe na cidade da Coruña e a súa contorna mostra unha integración de tendencias, a través de veteranos do humor gráfico en cabeceiras de prensa tradicional, de autores e autoras a sustentar outras canles alternativas para o humor e doutros que apostan pola autopublicación e que pouco a pouco van acadando presencia en medios máis ou menos asentados. De todo iso dá conta esta exposición do proxecto Coruña Gráfica, nesta ocasión pondo o foco nos puntos de relación entre humor e ilustración por parte dos creadores en activo na Coruña. A gama que amosa percorre desde o retrato caricaturesco ata a banda deseñada de humor, pasando pola ilustración de artigos, que en non poucos casos actúa como contraponto do propio artigo. Política internacional, española e galega; vida cotiá, incluíndo a vivencia da enfermidade e as experiencias amorosas, crítica social, historia, fútbol, humor negro, humor absurdo, o rural e os maiores como ligazón coas raíces do espirito humorístico galaico... Todo iso e todo o que se poida imaxinar ten cabida no humor gráfico, e son compoñentes naturais da súa vertente coruñesa contemporánea.

Henrique Torreiro

Creación de la ficha (2017): Ismael Sobrino. · Datos e imágenes obtenidos de un ejemplar original perteneciente a las Bibliotecas municipales de la Coruña.
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
Ismael Sobrino. (2017): "DESDE CORUÑA CON HUMOR (2017, CONCELLO DA CORUÑA)" en Tebeosfera. Disponible en línea el 28-IV-2024 en: https://www.tebeosfera.com/colecciones/desde_coruna_con_humor_2017_concello_da_coruna.html
Esta ficha documenta la existencia de una publicación, lo cual no implica que la Asociación Cultural Tebeosfera posea ejemplares o los tenga a la venta. Tebeosfera no es una tienda. Tampoco asesoramos sobre el valor de mercado de los productos aquí mencionados.