VISTOS PARA SENTENCIA (1993, XUNTA DE GALICIA)

VISTOS PARA SENTENCIA

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Distribución: España
Fechas:
1993 ?
Números:
1 ordinario
Formato:
Dimensiones:
25 x 25 cm
[+]
Paginación:
250 pp.


Edición en gallego.

Libro encuadernado en rústica con 300 páginas (sin numerar) en blanco y negro y gris, más las cubiertas en rústica y a dos tintas. Antología humorística de viñetas, caricaturas y tiras de historieta, de varios autores gallegos publicadas en prensa de Galicia, la mayoría de ellas en lengua gallega. Editado por la Secretaría Xeral de Comunicación de la Xunta de Galicia.

Prólogo del libro:

ALEGATO IN-NECESARIO

Xa que os dez artistas que participan neste volumen de viñetas humorísticas escolleron o significativo título de Vistos para sentencia, tócame a mín como responsable da Secretaría Xeral de Comunicación, deixar aquí a favor deles e, sobre todo, a prol do seu traballo diario nos distintos xornais de Galicia, un alegato que considero xusto e necesario.
En palabras daquel gran galego que foi Ramón Piñeiro, o humor é a expresión máis lograda da sabiduría verdadeira. Efectivamente, o humor nace da perfecta conxunción entre a sensibilidade e a intelixencia, entre a vida e o espírito, e manifestase sempre cunha ampla e total liberdade. Só así hai humor.
Os galegos temos no noso haber, ademáis dunha recoñecida capacidade para o humor, una aportación que eu entendo definitiva: o ensaio de Celestino Fernández de la Vega, O segredo do Humor. O mérito daquel agudo e profundo pensador lugués foi precisamente facer una nova e sólida interpretación do humor desde a cultura galega e cara á definición do mesmo como algo consustancial coa conciencia moderna.
Mais, o que aquí nos ocupa, non é a lexítima defensa das aportacións dos galegos a un tema tan complexo como fascinante. O que eu quero é poner perante calquera tribunal, ou a disposición dun xurado, por moi competente que este sexa, unas palabras de defensa dos humoristas gráficos aquí reunidos, por teren acudido, á invitación do Museo do Humor de Fene, e por participar neste libro, que só quere ser testemuña risoña e satírica do acontecer político do pasado ano 92.
Valentín Paz Andrade, cando falaba do inesquencible periódico "Galicia", que tanto aportou e apostou desde a nosa terra, suliñaba con entusiasmo que un dos alicercerces do xornal era a viñeta humorística de Castelao.
Os logros de Castelao neste campo tiveron continuidade nos traballos de figuras tan relevantes como Carlos Maside, Cebreiro, Torres, Agustín Portela, Fernández Mazas e tantos outros, que teñen á súa vez continuación nos nomes de hoxe, algún xa consagrados, e pola senda segura os máis novos.
Creo que unha das manifestacións culturais na que os galegos nos desenvolvemos con xeito e con gran altura é o humor gráfico. Nesto, como en tantas outras cousas, temos voz propia e distinta. Polo tanto, aí vos queda este in-necesario alegato a favor duns artistas que estarán sempre condenados a ser vistos para sentencia.

Xesús Pérez Varela

Secretario Xeral de Comunicación

COMENTARIOS
La A de la palabra sentencia en el título estaba diseñada como el símbolo anarquista.
Creación de la ficha (2012): Manuel Barrero e Ismael Sobrino. · Datos e imagen de cubierta tomados de un ejemplar original, imágenes de muestra obtenidas de todocoleccion.net.
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
Manuel Barrero e Ismael Sobrino. (2012): "VISTOS PARA SENTENCIA (1993, XUNTA DE GALICIA)" en Tebeosfera. Disponible en línea el 29-IV-2024 en: https://www.tebeosfera.com/colecciones/vistos_para_sentencia_1993_xunta_de_galicia.html
Esta ficha documenta la existencia de una publicación, lo cual no implica que la Asociación Cultural Tebeosfera posea ejemplares o los tenga a la venta. Tebeosfera no es una tienda. Tampoco asesoramos sobre el valor de mercado de los productos aquí mencionados.