CATALOGO MUSEO DO HUMOR (1985, MDO) 1
CATÁLOGO MUSEO DO HUMOR
CATÁLOGO 1985
Museo do Humor · Fene · España
Distribución:
España · 1985
Impresión:
Lengua:
En gallego
Tamaño:
24 x 10 cm
Paginación:
92 págs. más cubiertas
Color:
COLOR (portada) MONOCROMÍA (interior)
Registros:
Dep. Legal: C-1157-85
Autores:


  0  0

Libro con 92 páginas interiores impresas en monocromía y encuadernación en rústica. Catálogo de autores con obra presente en el Museo do Humor cuya tercera de cubiertas incluía una solapa pegada en su zona inferior formando de este modo un cajetín en el cual poder guardar las fichas que se fuesen publicando en adelante, así constó en el propio cajetín: "A medida que se incrementen os fondos do Museo, editaranse separatas dos distintos autores.". Del diseño de este libro se encargó Lois Rodríguez.

Junto a las fichas de los humoristas gráficos gallegos a los que se dedicó esta primera entrega en forma de libro, se incluyeron también artículos acerca del humor de Francisco Pillado Mayor ("O humor no teatro"), Felipe Senén ("O humor artiluxio do museo"), Ramón Piñeiro ("O humor"), y Clodio González Pérez ("A caricatura e o humor gráfico en Galicia"). Las fichas consisitían en una biografía -aunque no en todas las ellas, pues algunas carecían de datos-, con una fotografía o autocaricatura, más algún chiste gráfico o ilustración del autor.

Relación de fichas de autores: M. Fragoso, Alberte Varela Ferreiro, Evaristo pereira, Xosé María Pérez "Forxán", Philipot, Mariano Marcos de Abalo, Xosé Anxo Fernández "Fefo", Xosé Cermeño Rocamadour, Xullo David Sotelo López "David López", Xosé Lois, Ignacio Hortas, Siro, Pepe Barro, Fran Jaraba, Bernardo Xosé vázquez Gª Bernar, Xoán Carlos López Domínguez, Paco Oti, Gogue, Manuel Outomuro, Reimundo Patiño, Manolo Torres Martínez, Loquis, Lalo, Atomé, Fernando Quesada, Carlos Silvar, Bernardo Saavedra Pita, Manuel Gulín Rodríguez, Xaquín Marín, Pepe Carreiro, Álvaro Caruncho.

Introducción:

Tarari, Tarari! O Museo do Humor logo de ímprovos e sobrehumanos esforzos, conquire dar xeito a este primeiro catálogo do que posúe. Levamos só ou xa un ano de vida, e agardamos que co paso deles, a este catálogo n.º 1 se sumen moitos outros que axuden non só ós que veñan ó Museo a aprecia-lo que vexan nel, senón a todos aqueles que hoxe e no futuro —onde a bo seguro serán máis— teñan interés polo humor.
No catálogo n.º 1, notaredes que só figuran humoristas gráficos galegos e case todos actuais. Veredes, é que os gráficos son os máis fácilmente museables, cos actuais era máis doado establecer contacto a falta dun espiritista de plantilla, e facelo con tódolos do estado ou do mundo non era moi dixerible para os poucos elementos cos que contamos.
Queda por diante, neste terreo, un traballo infinito, non só acadar obras dos novos e novísimos de todo o mundo e arredores, senón tamén conqueri-los clásicos, que xa no noso país —que como podes ver non só dá patacas— son preto de cen.
Logo a cousa non remata nisto, senón que hai moitos outros xeitos de facer humor: na literatura, nos costumes populares, no cine, no teatro, no conto falado, na fotografía, na escultura, na cerámica... Polo tanto ten que ser obxectivo do Museo dar cabida a tódalas expresións humorísticas que se poidan dar e aínda imaxinar.
¿Que estamos facendo para conquerir isto? Pois o Museo está traballando xa —logo de conquerir como podedes ver, unha boa colección de humor gráfico actual galego— en varios frontes:
a) Comenzar a recolle-lo humor gráfico estatal.
b) Establecer contactos con Museos de todo o mundo para aproveitar experiencias e intercambios.
c) Comenza-la búsqueda dos clásicos.
d) Completar tódalas coleccións.
No apartado a), xa levamos algo de traballo feito, e a boa parte del temos que agradecelo a AGROMAN, que se ben é unha constructora de obras tamén axuda o erguemento do humor, e proba disto é o legado que nos fixo, de 25 debuxos de boa parte dos humoristas do estado. Ademáis tencionamos a golpe de carta ou chamadas ir arrequecendo esta colección, e xa do rosario de cartas que se mandaron hai unha pequena recolleita que esperamos que medre.
No apartado b) xa temos unha importante relación coa Casa do Humor e a Sátira de Bulgaria, 8.000 m.² adicados ó humor. Estamos traballando para eles e eles tamén están traballando para nós. Ó tempo estamos tratando de establecer relacións cos Museos de todo o mundo: Bélxica, Polonia, Alemania Democrática, Estados Unidos, Checoslovaquia, Cánada, Italia, Gran bretaña e ata a India, onde hai un Clube Internacional do Humor, están no noso punto de mira.
(C) é de clásicos, ó mellor cadrando coa presentación deste catálogo xa presentámo-lo primeiro logro neste eido, non queremos levanta-las campás ó vó, pero se acadámo-lo que desexamos penso que o Museo será longamente nomeado.
En canto ó d) nos fondos de debuxantes galegos xa nos fixemos ó longo do ano con novas aportacións, algunhas das que xa están representadas no museo, e outras de xente que nos faltaba, ou xente nova que vai xurdindo.
Pepe Barro, Ferreiro, Mariano, Pereiro, Freire, xateñen debuxos no Museo e caseque que tódolos eles saen xa neste catálogo, outros sairán nos próximos.
Catálogos onde expertos opinarán sobre outros xeitos de facer humor; como o fan neste, diante da biografía dos humoristas Ramón Piñeiro, Vlodio González, Francisco Pillado e Felipe Senén, ós que agradecémo-los favores recibidos.
E vós, indulxentes lectores, disimulade os fallos que apreciedes e pensade no voluntarismo co que traballamos e no difícil que resulta chegar a facer isto, no que levamos, xustamente traballando un ano, un longo ano de cartas sen resposta, de promesas sen cumprir, de mensaxes sen retorno, pero onde tamán houbo cartas respostadas, axudas inagardadas, e amigos que sempre botan unha man.
Ó cabo de todo isto, este libriño que tedes nas mans, que ademáis estades lendo e que a bon seguro terá eivas, pero as disimulas coa promesa da continuidade.

O MUSEO DO HUMOR

 

TEBEOAFINES
  []
Números de esta colección
 1
Ordinarios (1): 1
Creación de la ficha (2015): Ismael Sobrino. · Datos e imágenes tomados de un ejemplar original
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
Ismael Sobrino. (2015): "CATALOGO MUSEO DO HUMOR (1985, MDO) 1" en Tebeosfera. Disponible en línea el 2-V-2024 en: https://www.tebeosfera.com/numeros/catalogo_museo_do_humor_1985_mdo_1.html
Esta ficha documenta la existencia de una publicación, lo cual no implica que la Asociación Cultural Tebeosfera posea ejemplares o los tenga a la venta. Tebeosfera no es una tienda. Tampoco asesoramos sobre el valor de mercado de los productos aquí mencionados.