I ENCONTRO DE BANDA DESEÑADA HISTÓRICA DE GALICIA

I ENCONTRO DE BANDA DESEÑADA HISTÓRICA DE GALICIA

Edición:
1
Duración:
Del 6-IV-2018 al 21-IV-2018
Localización:
Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL); Avenida Infanta Elena · Lugo · España
Contacto:

Jornada en torno a la historieta de género histórico organizada por el Concello de Lugo que se enmarcó dentro de las celebraciones creadas con motivo de la fiesta Arde Lucus que conmemoraban la creación de la ciudad de Lugo.

Las jornadas contaron con la colaboración del portal Historiadegalicia y de Demo editorial.

Información sobre los actos y actividades:

Este I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia terá lugar desde o 6 de abril ao 21, constará de tres sesións teóricas e dous obradoiros prácticos. Nos primeiros participarán os ilustradores Manel Cráneo, Pepe Carreiro e José Barreiro que falarán da banda deseñada histórica en Galicia, especialmente, da época romana e castrexa.

Manel Cráneo abordará o venres 6 de abril o Proceso técnico e creativo da banda deseñada histórica. Pepe Carreiro, o creador dos Bolecha, abordará o día 13 de abril o mundo dos Barbanzáns e a Cultura castrexa en banda deseñada e José Barreiro, o venres 10, Roma na banda deseñada. Todas as charlas comezarán ás 20.00 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)

Pola súa banda, os obradoiros prácticos terán lugar o sábado 14 e o sábado 21 tamén no MIHL, pero en horario de 11.00 a 13.00 horas. O primeiro para nenos e o segundo para adultos. Nestas sesións, os ilustradores Victor Boullón e o lucense Miguel Fernández ensinaránlle aos participantes a debuxar romanos e romanas e castrexas e castrexos. As persoas interesadas en participar xa se poden inscribir a través do 010 (para as persoas residentes en Lugo) ou no 982297350 para as de fóra de Lugo. Trátase de aproveitar a presenza dos ilustradores para que os participantes aprendan nocións de como ilustrar certas temáticas da vida galaico-romana da época.

Algunhas das ilustracións resultantes destes obradoiros poderían aparecer publicadas na web oficial do Arde Lucus e serán distribuídas a través das redes sociais deste I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia.


 
Creación de la ficha (2018): 46914348. · Datos e imágenes obtenidos del sitio web historiadegalicia.gal
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
46914348. (2018): "I ENCONTRO DE BANDA DESEÑADA HISTÓRICA DE GALICIA" en Tebeosfera. Disponible en línea el 10-V-2024 en: https://www.tebeosfera.com/promociones/i_encontro_de_banda_desenada_historica_de_galicia.html