I Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada

I Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada

Edición:
1
Duración:
Del 1-VIII-2019 al 30-X-2019
Localización:
O Garaxe Hermético, rúa Alvaro Cunqueiro, número 4, baixo - 36002

A escola O Garaxe Hermético e Xerais convocan un concurso de banda deseñada dirixido ao alumnado da escola convocante que presente traballos en lingua galega. O premio será a publicación da obra por Xerais.

Os traballos deben estar dirixidos específicamente ao público infantil e xuvenil, deben axustarse a unha serie de parámetros: entre 48 e 72 páxinas e presentados baixo o sistema de plica (con lema e pseudónimo), entre outras cousas.

Os orixinais deberán enviarse á dirección do Garaxe Hermético, na rúa Alvaro Cunqueiro, número 4, baixo, en Pontevedra (código postal 36002). No sobre debe indicarse que se dirixe ao I Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada. A data límite de recepción de obras remata o 30 de outubro de 2019.

Recensión

 

Durante o transcurso de Viñetas no Atlántico na Coruña, o pasado mes de agosto, Xerais e O Garaxe Hermético presentaron publicamente as bases da primeira edición do Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, que se fallará antes de final deste ano 2019 e que publicará Xerais.

Dada a nova realidade creativa que dende o 2012 está a agromar nas aulas da Escola Profesional de Banda Deseñada de Galicia, O Garaxe Hermético de Pontevedra, e do compromiso de Edicións Xerais de Galicia coas súas lectoras e lectores así, como por fortalecer unha canle para que os/as novos/as autores/as da BD galega teñan facilidades para publicar obras de cómic en lingua galega, ambas as empresas únense para artellar un novo Premio de Banda Deseñada: I PREMIO O GARAXE HERMÉTICO DE BANDA DESEÑADA.

O obxetivo deste premio é abrir oportunidades profesionais para o alumnado dos Cursos Profesionais de Banda Deseñada de O Garaxe Hermético, que está rematando ou xa rematarou a súa formación. Pretendemos que a primeira obra destes/as novos/as autores/as sexa editada en galego para contribuír á vitalidade e solidez da bd galega, profesionalizada e competente. E, finalmente, tamén é o noso desexo fomentar a creación de BD para  público lector infantil e xuvenil na nosa lingua co fin de reforzar unha base lectora firme que afiance un futuro esperanzador.

As bases do concurso poden descargarse nesta ligazón.


 
Muestras
 4
Creación de la ficha (2019): Félix López · Datos e imágenes obtenidos de axendacultural.aelg.gal, blog.xerais.es
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
Félix López (2019): "I Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada" en Tebeosfera. Disponible en línea el 24-IV-2024 en: https://www.tebeosfera.com/promociones/i_premio_o_garaxe_hermetico_de_banda_desenada.html