GOLFIÑO (2002, LVDG) 68
GOLFIÑO
Terceira época
Golfiño
Revista galega de banda deseñada para todas as idades
68 de GOLFIÑO [de 89]
LA VOZ DE GALICIA · Santiago de Compostela · España
Distribución:
España · 31-VIII-2003
Edición:
Impresión:
Lengua:
En gallego
Formato:
Tamaño:
29 x 20 cm
Paginación:
16 págs. · 3 a 15
Color:
COLOR (portada, interior)
Registros:
Dep. Legal: VG-344 / 2002


  0  0

Edición en gallego.

Cuaderno encolado con 12 páginas más cubiertas en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera homónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.

Texto de la sección Cartas ó director:

Ola, lectores e lectoras: Hoxe teño que comezar pedidndo desculpas. Prometera que na nosa caseta da Coruña, durante Viñetas desde o Atlántico, teriamos revistas atrasadas para que puidesen completar a súa colección aqueles a quen lles faltasen números. Pois ben, como xa saben os que se achegaron con toda a ilusión na procura deses números... non puidemos compracelos. Por problemas que sería longo e complicado explicar, non dispuxemos máis que de exemplares dos dous últimos meses. Lembro que desde La Voz de Galicia me aseguran que calquera número atrasado pode conseguirse solicitándoo no quiosco habitual, sabendo que logo deberán pagalo polo prezo íntegro do periódico. Xa sei que algúns de vós asegurades que así o fixestes e aínda estades a esperar... É o que hai, meus, ás veces estes pequenos problemas de distribución (que un bo afeccionado os vive como grandes) son os máis difíciles de de resolver. En todo caso, non quero deixar de comentar, para os que estiveron e para os que non puideron ir, o éxito e o bo ambiente do Salón do Cómic da Coruña e, claro, en particular da nosa caseta, con longas colas de espera para conseguir un debuxo adicado dos nosos artistas. Isabel, a nosa secretaria pídeme que lembre os nomes dos fans que tanto a visitaron que acabaron trocándose en amigos: Fran e Marián da Coruña, Chío (a rapaza da libreta), Miguel, Javier e mailo seu pai, outro Xavier (de Santiago aínda que nado na Coruña) e Manuel, que case acaba escribindo un guión con Kiko da Silva, Nicolás e a súa simpática nai, entre outros moitos. O sábado xuntámonos case o equipo ó completo e, para que quede constancia, velaquí unha foto documento. A ver quen sabe recoñecer quen é quen...

E xa que comecei con desculpas, verei de despachar algunha máis porque, por desgracia, case sempre hai motivos para pedilas; por moito que queramos e fagamos por que as cousas saían chapó, raro é que non quede un fío esfiañado que estraga o mellor cosido. Por exemplo, o pai de Diego Arufe Castro escríbenos de novo para dicirnos que aínda non lle chegou un dos agasallos que no seu momento (¡hai xa máis dun ano!) obtivera segundo anunciamos tanto desde aquí como desde o Xabarín Club; fáltalle concretamente unha copia en VHS da longametraxe dos Vixilantes do Camiño e o póster da serie. Xa nos puxemos en contacto cos colegas da TVG e asegúrannos que van solucionar a eiva de contado, aínda que... probablemente xa a partir de setembro porque, xa se sabe, en agoso todo se para. Confío en que desta vez todo se solucione definitivamente pero, en calquera caso, que ninguen pense que se pon "pesado" reclamándonos reiteradamente cousas como está; estades no voso dereito e, ó contrario, agradecémosvos a teimosía porque é o único xeito de que finalmente acabemos corrixindo os nosos erros.

E seguindo coas desculpas, estas van para AlmudenaTato, de 14 anos e dos arredores de Santiago, que nos pedía que incluíramos na revista do domingo 27 de xullo unha felicitación de aniversario para a súa nai, "que o 26 de xullo está de cumpreanos e quería felicitala a través vosa, porque a ela tamén lle gusta Golfiño e lea todos os domingos, e o que máis lle gusta é Thom". O preferido de Almudena, en cambio, é Tito Longueirón (aínda que tamén cita O Bosque Animado, Os Biosbardos e Thom), do que nos manda unha estupenda historieta da súa autoría, cun gag francamente conseguido. Pois, xa ves, Almudena, non puido ser; actualmente o volume de cartas é tal (¡por sorte!) que non podo garantir darlles saída para unha data determinada. De feito, para reproducir esta carta, con todo o seu atraso, tiven que pasar por diante dalgunha outra que aínda queda á espera. Ah, de todos os xeitos, con retraso e todo: ¡Feliz aniversario, mamá de Almudena, e que cumpras moitos máis!

Dúas cartas, agora de dous irmáns, Andrea e Alejandro Ausina Arrojo, que viven en Portodemouros (Arzúa). A Andrea gústalle, sobre todo, A Escola de Vilaverzas e as portadas "porque son moi divertidas", e tamén Os Biosbardos, Tito Longueirón, O Castelo Regadeira, Golfiño e os invasores, Os Kinkilláns, Os Fdez. e Tonecho. Os gustos do seu irmán son parecidos pero non coincidentes: Golfiño e Golfiño e os invasores, Os Biosbardos, Perçy ou Marionetti, Tito Longueiron, Os Fdez "e tamén os intrigantes Kinkilláns". E para que a nosa revista "sexa aínda máis divertida do que é", mándanos un debuxo e unha poesía. Coa poesía de Alex, que reproducimos abaixo, rematamos hoxe, pero non sen antes lembrarvos que, cando nós regresemos de vacacións, gustarianos atopar postais curiosas, enviadas desde os lugares de veraneo.

Golfiño, revista galega
moi divertida e amena.
Nunca na semana nos fallas,
sempre hai un para ler na casa.
Personaxes como o porco de Fiz
alboroteiros e intranquilos como Pangirl.
Despídome cunha grande aperta
a Golfiño, a revista galega.

Desglose contenidos.

  • Cubierta con ilustración de portada obra de Fausto Isorna, logotipo del título, antetítulo, subtítulo, y fecha de publicación y numeración.
  • Segunda de cubiertas con la sección de correo de los lectores "Cartas ó director" a cargo del director de la revista, Miguel Vázquez Freire, una ilustración del personaje emblema de la revista Golfiño, obra de Fausto Isorna, y varias fotografías a modo de reportaje sobre la participación de Golfiño en el festival Viñetas desde o Atlántico. En la esquina inferior derecha, cajetín con la información de créditos de publicación junto al logotipo de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria y la Dirección Xeral de Política Lingüística de la Xunta de Galicia.
  • Página 3: Con una historieta de la serie de Kiko da Silva Fiz nos biosbardos.
  • Págs. 4 a 5: Con una historieta de la serie Os Escachapedras guionizada por Marilar Aleixandre y dibujada por Fran Bueno.
  • Pág. 6: Ocupó la mitad superior de esta página una entrega en forma de media plancha de la serie Golfiño e os Invasores, con guión y dibujos de Fausto Isorna y entintado y color de Dani Docampo; en la mitad inferior, tira de la serie de Leandro Barea Rúa Transilvania 1343 (con dos tiras horizontales de tres viñetas cada una).
  • Pág. 7: Con una historieta de la serie Pinto y Chinto Tito Longueirón.
  • Pág. 8: Con una historieta titulada "Garrotillo" perteneciente a la serie de Jacobo Fernández Os amigos de Archimboldo Roque.
  • Pág. 9: Con una nueva entrega de la serie de Norberto Fernández O castelo Regadeira (consistenete esta vez en una ilustración cómica de viñeta única).
  • Págs. 10 a 11: Con una historieta de la serie de Miguelanxo Robledo A escola de Vilaverzas.
  • Pág. 12: Con una historieta de la serie de David Rubín Os Kinkilláns.
  • Pág. 13: Con una historieta de la serie de Primitivo Marcos Os Fdez.
  • Pág. 14: Ocupó la mitad superior de esta página una entrega en forma tira de historieta de la serie de Gundas (guión) y Pastrán (dibujos) ¿Perçy ou Marionetti?, compuesta por dos tiras horizontales de cuatro viñetas cada una; en la mitad inferior, tira de la serie de Marcos Crego y Paula Gómez Pangirl (con dos tiras de tres y una viñetas).
  • Tercera de cubiertas, con una historieta de la serie de Andrés Meixide Thom.
    Contracubierta, con una historieta del personaje de Xaquín Marín Tonecho.
TEBEOAFINES
  []
Números de esta colección
 89
Ordinarios (89): 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51, 52, 53, 54, 55, 56, 57, 58, 59, 60, 61, 62, 63, 64, 65, 66, 67, 68, 69, 70, 71, 72, 73, 74, 75, 76, 77, 78, 79, 80, 81, 82, 83, 84, 85, 86, 87, 88, 89
Creación de la ficha (2017): Ismael Sobrino. · Datos obtenidos de un ejemplar original.
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
Ismael Sobrino. (2017): "GOLFIÑO (2002, LVDG) 68" en Tebeosfera. Disponible en línea el 4-V-2024 en: https://www.tebeosfera.com/numeros/golfino_2002_lvdg_68.html
Esta ficha documenta la existencia de una publicación, lo cual no implica que la Asociación Cultural Tebeosfera posea ejemplares o los tenga a la venta. Tebeosfera no es una tienda. Tampoco asesoramos sobre el valor de mercado de los productos aquí mencionados.